Saturday 20 de April de 2024

O Concello de Brión abre as inscricións na excursión dos maiores, que este ano terá como destino a vila portuguesa de Guimaraes


O Concello de Brión convoca un ano máis a tradicional Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino a vila portuguesa de Guimaraes o sábado 16 de xuño. Unha viaxe que inclúe visita á cidade con guía oficial, as entradas para visitar o Pazo dos Duques de Bragança e o Castelo de Guimaraes, e o xantar no restaurante de catro estrelas “Hotel Guimaraes”.

Poderán participar veciños e veciñas de Brión maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos, que poderán ser acompañados polos seus cónxuxes ou parellas. O prezo da actividade é de 30 euros por persoa e as inscricións deberán formalizarse na Casa do Concello ou no teléfono 981 887 006 antes do 8 de xuño.